QUÉ FACEMOS

DESEÑO WEB

Abre o teu negocio ao mundo.

“Se o teu negocio non está en internet, o teu negocio non existe”, di un tal Bill Gates, e razón non lle falta… Hoxe en día é fundamental estar localizable na rede, dar a coñecer o teu traballo ós teus futuros clientes e ofrecer os teus servicios ao mundo. Dende Nordeseño querémosche axudar nese proceso.

Web para a túa empresa ou negocio

Webs corporativas a prezos moi competitivos, onde dar a coñecer a túa empresa ao mundo. Ocupámonos de todo o proceso: deseño, contratación do servidor e dominio, posta en marcha, etc. Tan só cóntanos cal é a túa idea e nós facemos o resto.

Tendas online

Monta a túa tenda en internet e comeza a vender os teus productos de forma rápida e sinxela dende a túa casa. Sistema de pagos online mediante TPV virtual, Paypal ou transferencia. Xestiona os teus pedidos e envíos dunha forma cómoda e intuitiva.

Renova a túa antiga web

¿Quéreslle dar un lavado de cara á túa web? En Nordeseño tamén nos encargamos de renovar e actualizar webs antigas. Se buscas un deseño máis moderno, queres renovar a imaxe da túa web, engadir ou actualizar información, traducila a outros idiomas, etc. contacta con nós e cóntanos o que precisas.

Webs persoais e blogues

Se o que precisas é unha web low cost onde publicitar os teus servicios, colgar os teus traballos nun portfolio ou contarlle ó mundo as túas vivencias nun blogue, esta é a túa. Deseños elegantes e moi intuitivos onde ti mesmo poderás xestionar a túa información, subir os teus traballos, fotos, etc. dunha forma moi sinxela. Cóntanos o que buscas e deseñámosche unha web persoal a medida.

SEO - Posicionamento web

O posicionamento da túa web é fundamental á hora de lograr que a xente atope a túa páxina en buscadores coma Google. Se precisas axuda para facer a túa páxina máis visible non busques máis! Nós encargámonos de simplificar ese proceso e levar a túa web ás primeiras posicións nos buscadores traballando a SEO e poñéndoa ao alcance dos teus futuros clientes.

tarjetas de visita

DESEÑO GRÁFICO

Paixón polo deseño.

O encanto está no interior, nós tamén o pensamos… Máis neste mundo dixital unha boa imaxe exterior é fundamental á hora de causar boa impresión no cliente. Logotipo, papelería e imaxe corporativa, packaging, cartelería… En Nordeseño asesorámosche e axudámosche á hora de buscar a mellor imaxe para a túa empresa, para comezar dende cero o teu negocio ou para darlle un aire fresco ao que xa tes. Un deseño moderno, elegante e a medida, que se adapte 100% á idea que queres transmitir aos teus clientes.

Logotipo e Imaxe coorporativa

Asesorámosche no deseño da túa marca, dende a creación do logotipo ata o deseño de toda a imaxe da túa empresa ou negocio. Contacta con nós e cóntanos o que precisas e as ideas que che gustaría transmitir na imaxe da túa empresa e nós porémonos ao traballo para plasmar esas ideas.

Papelería coorporativa

Tarxetas de visita, papel carta, sobres, carpetas, etc. Deseñamos toda a papelería que precises para a túa empresa.

Serigrafía textil

Se o que buscas é personalizar as túas prendas de vestir (camisetas,  suadoiros, etc.), precisas de camisetas para un evento ou despedida, etc. Nós ocupámonos de todo o proceso: dende o deseño ata a serigrafía e o envío, para que as recibas o antes posible na túa casa. Contacta con nós e pídenos orzamento.

DELINEACIÓN

A arte de debuxar.

Si, gústanos debuxar. Máis de 10 anos de experiencia aválannos. Realizamos todo tipo de traballos de delineación tanto para particulares coma para profesionais do sector.

Planos e proxectos

Delineación de planos para proxectos de edificación, construcción, todo tipo de instalacións, etc. Cóntanos o teu caso particular e nós asesorarémoste sobre as mellores solucións. Entrega dos proxectos en formato dixital CAD ou impreso.

Medicións

Desplazamento ao lugar da medición, toma de datos in situ e entrega posterior de planos dixitais. Se o precisas tamén facemos croquis 3D.

Dixitalización de planos

Actualización de planos de formato papel a formato dixital. Tanto antigos planos coma bocetos ou croquis. Entrega en formato dixital CAD ou impreso.

Croquis 3D e Render

Levantamentos de planos en 3D. Fanse dende croquis sinxelos, ata infografías ou Render realista.

delineacion

POR QUÉ ESCOLLER NORDESEÑO

A nosa filosofía de traballo.

Coida do cliente

Un cliente satisfeito é sinal de traballo ben feito. Por iso mesmo a satisfacción dos nosos clientes é o noso principal obxectivo. Somos moi conscientes de que un cliente contento é a mellor publicidade posible e investimos o noso esforzo neso. O noso traballo non remata ata que esteas 100% satisfeito cos resultados que che ofrecemos.

Trata como che gustaría ser tratado

Gústanos o trato cercano co cliente, facéndoo partícipe en todo momento do proceso de deseño. Máis ninguén nace aprendido, polo tanto cremos que é fundamental explicarlle en todo momento cada fase do proxecto ao cliente, simplificando as partes máis técnicas e resolvendo tódalas dúbidas que lle xurdan ao longo do proceso.

Traballa con paixón

Encántanos o que facemos. As nosas gañas de traballar empúrrannos a aceptar novos retos. O noso entusiamo polo deseño lévanos a seguir aprendendo continuamente e mellorando día tras día.

OS NOSOS ÚLTIMOS TRABALLOS